Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de roubos na parroquia carballesa de Berdillo

Vaga de roubos na parroquia carballesa de Berdillo

Ata cinco veciños denuncian roubos nas súas vivendas

G24.gal 28/01/2022 14:47

Ata cinco veciños denuncian que as súas vivendas foron asaltadas nestes úlimos días. Contan que os ladróns actúan pola noite e que, unha vez rebentadas as pechaduras, levan todo canto atopan, pero sobre todo os obxectos que lle son máis doados revender. 

Unha das prexudicadas di que lle levaron material e ferramentas de traballo por valor duns tres mil euros. Outro explica que lle entraron na casa tres veces nas últimas tres semanas. En todas elas marcháronlle coa compra semanal. Doutra vivenda, por exemplo, levaron tres bicicletas de alta gama.

Na parroquia carballesa de Berdillo din que estes roubos lles preocupan. Malia isto, hai quen decidiu non denunciar os feitos perante a Garda Civil.

Con esta vaga de roubos, o concello de Carballo recolle o testemuño da Laracha onde, entre decembro e mediados de xaneiro, se rexistraron 15 roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade