Publicador de contidos

Publicador de contidos

UUAA pide axudas económicas para vacún de carne e granxas de polos e coellos

UUAA pide axudas económicas para vacún de carne e granxas de polos e coellos

O sindicato agrario pide que o novo executivo da Xunta manteña o compromiso co sector que manifestou Núñez Feijóo

G24.gal 02/05/2022 12:53

Unións Agrarias pide á Xunta de Galicia que destine 35 millóns de euros a axudas para os sectores do vacún de carne e as granxas de polos e coellos. O sindicato lembra que Núñez Feijóo xa se comprometera a achegar eses cartos, pero reclaman que o novo equipo de goberno manteña o orzamento previsto e que o dedique a eses sectores máis afectados pola pandemia e a guerra en Ucraína.

"Habilitar canto antes eses 35 millóns de axudas para que cheguen ás explotacións de carne de vacún, granxas de polos e granxas de coellos, de xeito que poidan evitar ter que pechar", dixo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade