Urxe doar sangue en Galicia dos grupos 0+, A- e A+
Nas festas de Nadal adoita descender a doazón de sangue
Chamamento para evitar que se teñan que suspender intervencións, urxencias ou transplantes

As reservas dos bancos de sangue reducíronse a niveis alarmantes. Moitas comunidades autónomas, Galicia entre elas, piden á poboación que acuda a doar para evitar que se teñan que suspender intervencións, urxencias ou transplantes.
É sabido que nas festas do Nadal adoita descender a doazón de sangue. Este ano, a explosión de contaxios de covid–19 non só reduciu as doazóns senón que repercutiu nas reservas de sangue.
Ata o punto de que a Axencia de Doazón fai un chamamento á participación da cidadanía, especialmente aos doantes dos grupos 0 positivo, A negativo e A positivo, cuxas reservas están en niveis alarmantes.
Queren evitar que se teñan que suspender, efectivamente, operacións cirúrxicas, urxencias ou transplantes.