Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns 200 vehículos percorren Vigo en contra da nova estrada de Beade

Uns 200 vehículos percorren Vigo en contra da nova estrada de Beade

Os veciños denuncian que a vía de catro carrís destruirá o rural das parroquias de Sárdoma, Bembrive, Beade e Castrelos

Xa presentaron máis de 3.000 alegacións no concello contra un proxecto que consideran innecesario

G24.gal 06/02/2022 16:57

A manifestación rodada partiu dende Baruxáns, o punto inicial onde se vai construír esa estrada de catro carrís.

Vimos de disfrazar os nosos coches coa simboloxía do rural para que a xente do centro de Vigo lembre que aquí hai un rural moi bonito que queren destruír por completo.

Nesta marcha participan máis de douscentos vehículos perfectamente adornados. As protestas para todos eles están claras. A vía romperá esta zona do rural de Vigo e terá graves repercusións no día a día dos veciños e veciñas das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos.

Investín todo o traballo da miña vida nesta casa e agora lévanma.

Teño 80 anos. Vivo nunha casa que era dos meus bisavós, nacín eu, a miña nai e miña avoa.

Agora con este novo vial non me levan a casa pero pásame a dez metros.

Son algunhas das palabras dos veciños e veciñas que se verán direstamente prexudicados pola súa construción.

Segundo esta plataforma de afectados, AVIBE, serán 19 expropiacións directas e 21 quedarán afectadas fronte a un proxecto, que segundo din, non conta cun estudo técnico.

Perfectamente visibles, e co son dos seus claxons marcando o ritmo da marcha, percorreron o centro da cidade de Vigo. Queren ser escoitados pero tamén que se lles entenda. Cren que hai máis alternativas para unha estrada que consideran innecesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade