Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezaron as obras na Ponte de Pedra, que separa Cabanas de Pontedeume

Comezaron as obras na Ponte de Pedra, que separa Cabanas de Pontedeume

A única vía gratuíta que une Ferrol coa Coruña e Betanzos rexistra o paso de dez mil vehículos cada xornada

G24.gal 07/05/2025 13:21

En Pontedeume comezaron as obras na ponte sobre a N-651, onde a partir de hoxe queda aberto un só carril ao tráfico, polo que se circula de xeito alternativo.

Está previsto que os traballos se prolonguen ata o 20 de xuño, cando quedarán en suspenso ata o 12 de setembro. 

A estrada Nacional 651 é a única vía gratuíta que une Ferrol coa Coruña e Betanzos, e rexistra o paso de dez mil vehículos cada xornada.

Estímase que o tráfico aumenta nun cincuenta por cento durante xullo e agosto, xa que a comarca do Eume é un importante centro turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade