Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vinculan aos oito detidos en Pontevedra cos 120 quilos de cocaína incautados en Marín

Vinculan aos oito detidos en Pontevedra cos 120 quilos de cocaína incautados en Marín

Os detidos continúan á espera de pasar ao dispor do xulgado que coordina a investigación

Imaxes do operativo da Garda Civil no Crown Garnet, no porto de Marín, o pasado mes de febreiro Imaxes do operativo da Garda Civil no Crown Garnet, no porto de Marín, o pasado mes de febreiro
G24.gal 08/05/2025 21:10

As oito persoas detidas no último operativo contra o narcotráfico en varias zonas da provincia de Pontevedra están vinculadas cos 120 quilos de cocaína incautados, a principios de febreiro, no casco do cargueiro ruso 'Crown Garnet', no porto de Marín.

Axentes do GRECO da Policía Nacional, chegados de Madrid, desenvolveron na xornada deste mércores un operativo en Bueu e Vilanova de Arousa no que realizaron cinco rexistros.

Os axentes detiveron a oito persoas e interviñeron pequenas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como material para a manipulación destas substancias.

Os detidos continúan á espera de pasar ao dispor do xulgado que coordina a investigación. Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, que felicitou á Policía pola súa "profesionalidade", explicou que a operación foi declarada secreta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade