Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un operativo policial antidroga na zona de Arousa remata con 8 detidos e 5 rexistros practicados

Un operativo policial antidroga na zona de Arousa remata con 8 detidos e 5 rexistros practicados

Interviñéronse pequenas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como material para a manipulación destas substancias

G24.gal 07/05/2025 14:40

A Policía Nacional desenvolveu este mércores un operativo antidroga na zona de Arousa, que rematou, polo momento, con 8 detencións e a desarticulación dunha organización local de tráfico de estupefacientes.

Así o confirmou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, que sinalou que a actuación foi levada a cabo por efectivos do GRECO da Policía Nacional desprazados desde Madrid.

Ademais das 8 detencións, practicáronse 5 rexistros en diferentes puntos e interviñéronse pequenas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como material para a manipulación destas substancias.

Losada, que felicitou á Policía pola súa "profesionalidade", explicou que a operación segue aberta e que a causa foi declarada secreta. "Todos os golpes ao narcotráfico son sempre boas noticias", proclamou, e lembrou que "sacar droga da rúa" contribúe a mellorar a seguridade cidadá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade