Publicador de contidos

Publicador de contidos

Universidades da América Latina, o Caribe e Europa intercambian coñecementos en Santiago

Universidades da América Latina, o Caribe e Europa intercambian coñecementos en Santiago

Queren construír un espazo común de coñecementos en educación, ciencia, tecnoloxía e innovación

II Cumio Académico e do Coñecemento UE-CELAC
G24.gal 04/05/2023 14:50

Nun cumio académico que se desenvolve este días en Santiago, representantes de universidades latinoamericanas, caribeñas e europeas comparten coñecementos en educación, ciencia, tecnoloxía e innovación.

Queren construír un espazo común euro-latinoamericano e caribeño que incida na formación e o recoñecemento dos estudos superiores. Cun diálogo que xere confianza e cooperación, sabedores do papel das universidades no desenvolvemento dos países. 

Sandra Regina Goulart, reitora da Universidade Federal de Minas Gerais do Brasil defende que "somos vectores importantes para solucionar problemas de saúde, medio ambiente... e estamos todos xuntos pensando nun mundo mellor".

Xuntos a milleiros de quilómetros e sen desprazamentos. Porque a transformación dixital tira do coñecemento aberto.

Francesc Pedró, director do Instituto Internacional da Unesco para a Educación Superior en América Latina explica que "máis do 60 % da produción científica en América Latina ten coautorías en Europa. E é que en realidade os problemas que nos acucian como seres humanos, a súa resolución, non coñece fronteiras, e necesitamos todo o talento dispoñible alí onde estea".

A pandemia deulles un pulo ás plataformas para a educación global. Pero nesa transformación dixital recoñecen unha materia pendente nas capacidades dos docentes.

"Hai que encontrar non só mecanismos para xerar capacidades mellores nos docentes, tamén incentivar a promoción da innovación", engade Francesc Pedró. E enriquecer o coñecemento que chega os estudantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade