Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha xuíza anula os cargos contra o ex director do FBI que investigou a campaña de Trump

Unha xuíza anula os cargos contra o ex director do FBI que investigou a campaña de Trump

A decisión permite á Fiscalía presentar novas acusacións no futuro

Os acusados cuestionaran a designación de Lindsey Halligan

Un xulgado dos EUA imputa o exdirector do FBI que investigou a campaña de Trump

G24.gal 24/11/2025 20:27

Unha xuíza de Estados Unidos desestimou os procesos contra o exdirector do FBI James Comey e contra a fiscal xeral de Nova York, Letitia James, ao concluír que a fiscal federal elixida polo presidente, Donald Trump, para dirixir os dous casos fora designada de forma ilegal.

Comey e James, con causas diferenciadas, impugnaran o nomeamento da fiscal interina do Distrito Leste de Virxinia, Lindsey Halligan, porque consideraban que non exercía o cargo de maneira legal cando presentou as acusacións contra estes dous opositores políticos de Trump.

A resolución non supón unha absolución e non pecha definitivamente os casos. A Fiscalía poderá volver presentar cargos unha vez resoltos os erros que motivaron a anulación.

Críticas polo procedemento seguido

As defensas de Comey e James denunciaron o carácter inusual do procedemento, xa que Halligan, de 36 anos e sen experiencia previa como fiscal, presentou persoalmente a documentación, que só leva a súa firma despois de que varios subordinados se negaran a facelo.

Trump nomeou Halligan como fiscal federal interina de Virxinia o 22 de setembro, tras a renuncia do seu antecesor, Erik Siebert, quen deixou o cargo por aparente presión do presidente tras cuestionar a solidez das probas nos casos contra Comey e James.

Ao pouco de asumir, Halligan presentou a imputación contra Comey, crítico do presidente. Semanas máis tarde acusou Letitia James de fraude bancario e de supostamente mentir a unha entidade financeira. James impulsara unha demanda civil en Nova York contra Trump, os seus fillos adultos e a Organización Trump, que rematou cunha sentenza de 500 millóns de dólares en 2024.

Comey e James declaráranse non culpables, con xuízos previstos inicialmente para xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade