O alcalde de María será o novo presidente de Deputación de Almería
A decisión tómase tras o cesamento de Javier Aureliano García por mor da súa detención e investigación na segunda fase do caso das máscaras
José Antonio García (Deputación de Almería-Europa Press)
O deputado provincial de Deportes e alcalde do municipio de María, José Antonio García Alcaína, vai ser proposto para presidir a Deputación Provincial de Almería. A decisión tómase tras o cesamento de Javier Aureliano García por mor da súa detención e investigación na segunda fase do caso das máscaras, que indaga o suposto cobro de comisións a través de contratos irregulares no seo da institución provincial.
Así mesmo, e tras o ascenso do conselleiro andaluz de Agricultura, Ramón Fernández-Pacheco, como presidente do PP de Almería -cargo que tamén ostetaba García-, o novo secretario xeral do partido a nivel provincial será o actual delegado territorial de Inclusión Social, Xuventude, Familias e Igualdade, Francisco González Bellido.
Os nomes foron comunicados por Fernández-Pacheco durante a xunta directiva do PP de Almería celebrada en Roquetas de Mar, que contou coa presenza do resto de presidentes provinciais do PP, o coordinador xeral do PP andaluz, Nacho Romaní, e do secretario xeral do PP-A, Antonio Repullo.