Unha veciña de Lalín sofre a amputación dun perna por accidente coa fresadora
O accidente tivo lugar cando estaba rematando de fresar unha leira de Pareizo, moi preto de Lalín, pasada a unha media da tarde do mércores.
A vítima, Amelia, de 66 anos e veciña do lugar, estaba co tractor fresando o terreo e, por causas que se descoñecen, a máquina alcanzoulle unha perna, amputándolla por baixo do xeonllo.
Acudíronlle veciños e familiares e avisaron o 112, que desprazou ao lugar os servizos de urxencia máis próximo e un helicóptero do 061 con base en Ourense. Inmediatamente, e debido á gravidade do seu estado, foi sedada e evacuada ao Hospital Clínico de Santiago co membro amputado resgardado nun compartimento frío. Polo que dixeron, non foi posible implantalo.
Aínda que varias veciñas e veciños de Pareizo se mobilizaron no auxilio da vítima ao saberen o sucedido, esta mañá as persoas que había no lugar evitaron falarnos do mesmo.
Este accidente laboral con tractor súmase á longa lista de sinistralidade e de vítimas que ocasiona o feito de non aplicar as medidas de seguridade e prevención de riscos que require o uso destas máquinas.