Cargando resultados...
Unha tromba de auga torrencial causa o caos en Molina de Segura
Unha tromba de auga torrencial causa o caos en Molina de Segura
caeron máis de 100 litros por metro cadrado en dúas horas

G24.gal
26/05/2023 08:38
Última actualización 26/05/2023 09:22
Unha nova DINA traerá nas próximas horas máis choiva ao centro e oeste peninsular. E iso cando boa parte da península aínda non se recuperou das enchentes dos últimos días.
En Molina de Segura, na rexión de Murcia, onte á tarde caeron máis de 100 litros por metro cadrado en dúas horas. A tromba de auga torrencial desatou o caos na cidade onde as rúas quedaron convertidas en ríos.
Os servizos de emerxencia tiveron que realizar 15 rescates, a maioría condutores atrapados pola riada.