Unha fronte fría deixa máis de 4.300 raios no norte de Galicia, a maioría no litoral
Unha fronte fría deixa máis de 4.300 raios no norte de Galicia, a maioría no litoral
Os concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada foron os máis afectados
A fronte fría que chegou este sábado a Galicia deixou máis de 4.300 raios na costa da provincia da Coruña. Segundo os datos de Meteogalicia, a actividade eléctrica da tormenta tamén se notou no interior e no norte de Lugo.
En total, ata as 14:00 horas houbo 4.373 raios na zona norte, con 587 directamente sobre a comunidade e o resto no mar ou, unha minoría, no norte de Portugal.
Os concellos de Arteixo, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada foron os máis afectados
Choiva e vento
O resto de valores da tormenta non foron especialmente salientables, co máximo dato de choiva en Vimianzo, onde se rexistraron 24,4 litros por metro cadrado.
O refacho de vento máis forte rexistrouse no mesmo punto, na estación da Gándara, con 80,2 quilómetros por hora ás 13:20 horas.
No que se refire ás temperaturas, a máxima de 20,3 graos rexistrouse en Vigo e a mínima en Cospeito, onde os termómetros baixaron de madrugada ata os 5,3 graos.