Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha publicación achega as aventuras de cine que tiveron como escenario o porto da Coruña

Unha publicación achega as aventuras de cine que tiveron como escenario o porto da Coruña

A primeira sesión de cine que se realizou en Galicia tivo lugar onde hoxe en día está o edificio da Autoridade Portuaria

G24.gal 22/09/2022 22:30

Ao longo das súas 40 páxinas, Un porto de cine recolle a estreita relación do porto coruñés coa sétima arte.

Nos últimos tempos, series televisivas e películas de cine tiveron como escenario as instalacións portuarias. Mais a relación entre o porto da Coruña e o cinema é moito máis lonxeva. A primeira sesión que se realizou en Galicia tivo lugar onde hoxe en día está o edificio da Autoridade Portuaria. 

Rubén Ventureira e José Luis Castro de Paz, autores da publicación, percorren en texto e imaxes a pegada do cine no territorio portuario desde a primeira película argumental ata o documental, e tamén os grandes títulos do século XX, como Camarote de luxo, obra de Wenceslao Fernández Flórez de mediados dos anos 50.

Un porto de cine é o primeiro volume da colección Cadernos do Porto da Coruña, que edita a Autoridade Portuaria. O patrimonio portuario e a música serán algúns dos temas de próximas entregas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos