Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha praga de ratas preocupa os veciños vigueses de Teis

Unha praga de ratas preocupa os veciños vigueses de Teis

Denuncian que aniñan sen control nunha fábrica abandonada

Algúns veciños do barrio aseguran que mesmo lles entraron nas casas

G24.gal 24/06/2022 14:35

Na rúa Purificación Saavedra de Teis hai tempo que os veciños non poden abrir as fiestras das súas vivendas. O motivo son ratas equilibristas de grandes dimensións que segundo din os residentes da zona teñen os seus niños nunha antiga fábrica de pinturas que leva máis preto de  vinte anos abandonada.

Felicitas Flórez é unha das veciñas máis afectadas por esta praga. Vive a carón da fábrica e, tal e como relata, os roedores xa lle entraron en varias ocasións no interior da vivenda.

Manuel Pérez, voceiro da Asociación de Veciños de Teis, asegura que xa avisaron ao concello da praga de ratas que hai na zona, pero di que, polo momento, non recibiron contestación.

Os veciños denuncian que o interior da fábrica está infestado de ratas e que se non se actúa con rapidez acabarán atacando a alguén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade