Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha poxa de 11 obras de Picasso nas Vegas recada 100 millóns de dólares

Unha poxa de 11 obras de Picasso nas Vegas recada 100 millóns de dólares

Sothebys realizou a venda nun hotel onde estiveron expostas durante varios anos

G24.gal 24/10/2021 19:03

Ata once obras de Picasso se poxaron nas Vegas por máis de 100 millóns de dólares. A famosa compañía Sothebys realizou a venda nun hotel onde permaneceron as obras expostas durante varios anos. Cinco dos cadros permaneceron colgados nas paredes do restaurante do hotel, que aínda manterá outras doce obras que non saíron á poxa.

A xoia da coroa Muller con gorro vermello-laranxa, na que aparece retratada Marie-Therese Walter, a que fora musa e amante de Picasso en 1938, vendeuse por 40,5 millóns, mais de dez por riba do estimado.

Foi a venda máis cara da colección posta no mercado. Ademais, os retratos a grande escala Home e Neno e Busto de Home vendéronse por 24,4 millóns de dólares e 9,5 millóns respectivamente.

Outras obras máis pequenas en cerámica do xenio español acadaron prezos que multiplicaron por tres ou catro veces as estimacións previas á venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos