Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 76 anos morre atropelado preto da súa casa na N-547 en Arzúa

Un home de 76 anos morre atropelado preto da súa casa na N-547 en Arzúa

A Garda Civil tenta esclarecer as circunstancias do accidente

Este sábado faleceu unha muller alcanzada por un tractor en Ames

A Garda Civil no lugar do atropelo
G24.gal 10/03/2024 11:44 Última actualización 10/03/2024 14:44

Segundo atropelo mortal esta fin de semana en Galicia. Desta volta, un home de 76 anos morreu ás dez da mañá deste domingo na N-547 no lugar da Portela, no concello de Arzúa.

Segundo fontes da investigación, un turismo alcanzouno no quilómetro 58, preto da casa en que vivía, cando atravesaba a estrada por un lugar non sinalizado.

Un helicóptero de Urxencias Sanitarias desprazouse ata o punto do accidente pero o persoal médico non puido facer nada por salvarlle a vida.

Agora a Garda Civil tenta esclarecer as circunstancias do sinistro. No lugar hai unha ampla curva en rasante que puido influír no fatal desenlace. 

Dous atropelos mortais

Este sábado, unha muller de 91 anos morreu atropelada por un tractor en Bertamiráns, no municipio de Ames. Neste caso, todo parece indicar que atravesaba a rúa de xeito correcto, por un paso de peóns. Nun principio quedou ferida grave pero horas despois faleceu no hospital.

A Garda Civil de Tráfico considera os atropelos en estradas secundarias como un dos perigos propios das vías galegas, polo que insiste na recomendación de usar elementos reflectores para facerse ver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade