Cargando resultados...
Unha persoa ferida ao chocar dous coches na parroquia pontevedresa de Lérez
Os bombeiros tiveron que liberar un dos ocupantes

G24.gal
10/12/2024 20:13
Unha persoa ferida tivo que ser liberada este martes tras unha colisión entre dous turismos en Pontevedra .
O sinistro ocorreu pouco despois das seis da tarde na N-550, no quilómetro 117, ao seu paso pola parroquia de Lérez.
Dous coches sufriron unha colisión por alcance.
O 112 enviou ao lugar o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Pontevedra, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como os efectivos de Protección Civil da localidade.
Os bombeiros informaron de que tiveron que empregar o material de liberación para sacar unha persoa ferida do interior dun dos vehículos, así como axudar outra persoa para saír.