Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha panadería da Coruña fai descontos aos que teñan nomes en galego

Unha panadería da Coruña fai descontos aos que teñan nomes en galego

Súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas

G24.gal 17/05/2022 14:20

O Día das Letras celébrase de moi distintos xeitos. Están dunha banda os actos institucionais, por suposto, pero tamen existen múltiples iniciativas para poñer en valor a nosa lingua. Nunha panadería da Coruña atopamos unha das máis orixinais.

Neste 17 de maio pensaron en todos aqueles que teñen nomes en galego e que mil veces teñen que deletrealo. Así que para adozar un pouco esa paciencia decidiron facer un desconto a todos aqueles que se acheguen ata aquí; iso si, demostrando que o seu é un nome galego. É a súa particular achega para celebrar o Día das Letras Galegas e, ao mesmo tempo, defender o noso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade