Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nena de 7 anos está grave tras caerlle enriba a porta dun garaxe en Madrid

Unha nena de 7 anos está grave tras caerlle enriba a porta dun garaxe en Madrid

A pequena estaba en parada cardiorrespiratoria pero o SAMUR conseguiu reanimala

A Policía Nacional investiga as circunstancias do accidente

G24.gal 03/06/2023 20:37 Última actualización 03/06/2023 20:49

Unha nena de sete anos está grave tras caerlle enriba a porta dun garaxe. Sucedeu en Madrid, na zona do Retiro.

Os primeiros en chegar ao lugar foron os axentes da Policía Nacional, que puideron rescatar a rapaza. Estaba en parada cardiorrespiratoria pero o persoal do SAMUR conseguiu revertela coas manobras de reanimación.

A Policía Local escoltou o convoi sanitario ata o hospital para axilizar o traslado. De momento, descoñécense as circunstancias do accidente, que está investigando a Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade