Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nena de 20 meses falece en Xirona alcanzada por unha pedra dunha sarabiada

Unha nena de 20 meses falece en Xirona alcanzada por unha pedra dunha sarabiada

A pequena foi alcanzada por unha pedra de xeo e aínda que foi levada a un hospital finalmente faleceu

G24.gal 31/08/2022 08:43 Última actualización 31/08/2022 14:10

Unha nena de 20 meses morreu na localidade xerundense de La Bisbal como consecuencia das feridas causadas polo impacto dunha pedra de xeo caída durante a forte sarabiada que afectou na última tarde á maior parte da provincia de Xirona.

A pequena foi trasladada a un hospital da capital, onde faleceu esta madrugada.

Máis de trinta persoas quedaron feridas leves. A saraibada foi especialmente intensa nas comarcas do Empordán. Algunhas das pedras caídas tiñan máis de 10 centímetros de diámetro.

Outra muller, ferida igualmente polo pedrazo, foi dada de alta nas últimas horas.

A treboada deixou medio cento de feridos leves entre a veciñanza das catro comarcas xerundenses máis afectadas. "Unha pelota grande, como de tenis, máis ou menos, vimos despois. Pegou no brazo e menos mal que non me rompeu nada", di un home.

Os danos en inmobles e vehículos son cuantiosos. As pedras de xeo e máis de dez centímetros de diámetro romperon tellas e cristais, tronzaron pólas de árbores e ducias de paxaros apareceron mortos.

Segundo o Servizo Catalán de Meteoroloxía hai 20 anos que non se rexistran pedras destas dimensións na comunidade. Os bombeiros da Bisbal recibiron máis de 40 peticións de axuda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar