Falece unha muller de 49 anos tras saír da vía e envorcar co seu coche na Coruña
A porta da condutora e única ocupante abriuse e foi proxectada fóra do vehículo
Foi esmagada pola carrocería, o cal provocou o seu falecemento
Unha muller de 49 anos faleceu nu accidente de tráfico ocorrido o luns pola noite na Avenida Alfonso Molina da Coruña. O sinistro produciuse ás 23:56 no quilómetro 2,900 da AC-11.
🔴#AXEGAInforma dunha muller falecida tras unha saída de vía na Coruña.
— 112 Galicia (@112Galicia) December 16, 2025
📍 Avenida del Alcalde Alfonso Molina.
▶️O #112Galicia tivo constancia do sinistro ás 23:55 horas.
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. pic.twitter.com/PKf2OoJPAM
O vehículo que conducía saíu da vía pola marxe dereita cara a un noiro ascendente e envorcou. A porta da condutora e única ocupante abriuse e proxectouse fóra do vehículo. A condutora foi esmagada pola carrocería, e iso causou o seu falecemento. A muller levaba posto o cinto de seguridade.
Ata o lugar acudiron, ademais dos Bombeiros, efectivos da Policía Local, do 061 e da Garda Civil de Tráfico.
É o segundo accidente mortal que se produce vinte e un días despois doutro sinistro tamén en Alfonso Molina, no que dous mozos acabaron impactando contra unha das columnas de formigón da ponte, á altura de San Cristovo. A copiloto, de 20 anos, faleceu no CHUAC un día despois do sinistro ao non poder superar as graves feridas.
A Garda Civil xa abriu unha investigación para esclarecer as causas deste sinistro mortal.