Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moza de 17 anos mata dunha puñalada a súa cuñada nunha rifa familiar 

Unha moza de 17 anos mata dunha puñalada a súa cuñada nunha rifa familiar 

Tras a agresión a menor fuxiu da vivenda e foi detida preto dunha estación de tren 

A Garda Civil recuperou a arma homicida no tellado dunha casa

G24.gal 16/11/2025 09:48

Unha moza de 20 anos faleceu este sábado tras ser apuñalada no ventre pola súa cuñada, de 17, que foi detida, durante unha rifa familiar que tivo lugar na vivenda que compartían na localidade asturiana de Aces, no concello de Candamo.

Ao parecer, a menor empuñou un coitelo de cociña co que asestou unha puñalada á súa cuñada nun momento da discusión que tivo lugar en presenza do compañeiro sentimental da presunta agresora, e irmán da falecida, e dos seus pais.

Nada máis producirse a agresión, a menor fuxiu da vivenda, aínda que finalmente foi detida a carón dunha estación ferroviaria de FEVE.  Antes, a moza lanzara a arma homicida ao tellado dunha vivenda próxima polo que a Garda Civil tivo que requirir o apoio de Bombeiros de Asturias para poder recuperala.

Os familiares da menor aduciron nos primeiros momentos que a rapaza tiña problemas psiquiátricos aínda que este extremo, segundo fontes da Garda Civil consultadas por EFE, non foi constatado e deberá ser obxecto de clarificación durante a instrución.

Tras a súa detención, a moza foi trasladada ao calabozo da Garda Civil, mentres que o corpo da falecida ía ser trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Oviedo para practicarlle a autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade