Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe establece un plan alternativo por estrada tras o descarrilamento dun tren nas Neves

Renfe establece un plan alternativo por estrada tras o descarrilamento dun tren nas Neves

O accidente produciuse preto do apeadorio da estación das Neves 

O convoi componse da cabeza tractora e 17 vagóns 

G24.gal 15/11/2025 19:58 Última actualización 16/11/2025 14:27

Na tarde deste sábado descarrilou, por causas que se están a investigar, un tren de mercadorías que transportaba bobinas e que está composto pola cabeza tractora e 17 vagóns. 

O maquinista quedou atordado tras o suceso e, segundo as primeiras informacións, podería estar atrapado. 

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil.

Logo de acudiren á zona, os bombeiros non chegaron a ter que intervir para liberar a persoa, pois os axentes da Garda Civil puideron acceder ata ela para acercala ata a ambulancia das urxencias sanitarias.

O suceso tivo lugar pasadas as sete da tarde. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade