Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXG confirma nove anos e medio de cadea para o acusado de acoitelar a súa parella en Santiago

O TSXG confirma nove anos e medio de cadea para o acusado de acoitelar a súa parella en Santiago

Desestima o recurso presentado polo home contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña

G24.gal 05/11/2025 17:29

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado polo home condenado a nove anos e medio de cárcere por acoitelar a súa parella o día 13 de decembro de 2023 no barrio compostelán dos Concheiros.

Nunha sentenza con data do 4 de novembro, e da que informou este mércores o TSXG, o alto tribunal galego desestima o recurso presentado polo home contra a sentenza ditada pola Audiencia Provincial da Coruña, que condenou o home a 9 anos e seis meses de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa e impúxolle a prohibición de comunicarse coa vítima e os seus tres fillos durante un período de 19 anos.

Conforme lembra a sentenza, os feitos tiveron lugar na madrugada do 13 de decembro de 2023 no barrio compostelán dos Concheiros. Alí, o condenado atacou no seu domicilio a muller cun coitelo.

A vítima fuxiu pola xanela da vivenda, onde tamén estaban os seus tres fillos, e foi socorrida na rúa por un transeúnte.

Contra a sentenza cabe recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade