Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresa en prisión o detido por acoitelar a súa parella en Santiago

Ingresa en prisión o detido por acoitelar a súa parella en Santiago

G24.gal 16/12/2023 11:38 Última actualización 16/12/2023 13:37

O detido por acoitelar a súa parella en Santiago ingresou en prisión tras pasar a noite no CHUS. O agresor, de orixe marroquí e de 37 anos, sufriu unha indisposición despois de prestar declaración ante a xuíza.

Estivo ingresado e custodiado durante toda a madrugada por axentes da Policía Nacional e na mañá do sábado pasou de novo a disposición dos Xulgados de Santiago, que ditaminaron o seu ingreso no cárcere.

Os feitos ocorreron na madrugada do xoves nun domicilio da zona da Almáciga. A vítima puido escapar da vivenda e pedir axuda nun bar próximo da rúa Concheiros.

O caso estase a investigar como violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade