Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha manta eléctrica calcina a entreplanta dun edificio en Vigo

Unha manta eléctrica calcina a entreplanta dun edificio en Vigo

Os bombeiros tiveron que evacuar a veciñanza do inmoble situado na rúa Llorente

O lume comezou na entreplanta do edificio de tres andares

G24.gal 27/11/2022 20:27 Última actualización 27/11/2022 20:40

Os bombeiros de Vigo tiveron que evacuar toda a veciñanza dun inmoble de tres andares por un incendio que se orixinou na entreplanta dun edificio.

Acontecía pouco antes das tres da tarde nun inmoble da rúa Llorente. No interior do piso afectado non había ninguén no momento do incendio pero o propio inquilino recoñecía, horas despois, que puido orixinarse a causa dunha manta eléctrica que deixara no sofá.

Os bombeiros botaron case dúas horas sufocando as lapas e víronse na obriga de evacuar o inmoble por mor do fume. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia pero ninguén precisou asistencia sanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade