Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha mansión histórica está á venda por 2 millóns de euros no Porriño

Unha mansión histórica está á venda por 2 millóns de euros no Porriño

É obra do arquitecto Jenaro de la Fuente por encargo do indiano Manuel Rodríguez

G24.gal 07/01/2022 20:20

Tres dos catro irmáns Arias Avendaño naceron na casa onde durante algún tempo, o seu pai -que era médico de familia e pediatra- tivo unha consulta. O palacete e a finca gardan todos os recordos da súa infancia nunha vivenda singular e nunha vila, a do Porriño, moi distinta á de agora. 

Cando o porriñés Manuel Rodríguez volveu de facer as Américas, promoveu a construción de varias edificacións señoriais en Vigo e o seu arquitecto de cabeceira foi Jenaro de la Fuente. A el tamén lle encargou a súa casa de verán na súa vila natal.

Posteriormente, outra familia conservou Villa Florida no seu estado orixinal durante os últimos setenta anos. Agora que está á venda, gustaríalles que pasase ao patrimonio público para uso social e cultural.

O inmoble, que data de 1899, dispón de 460 metros cadrados e dun xardín de case 4.500 de superficie no corazón histórico porriñés, na rúa que leva o nome do indiano que o mandou construír.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade