Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraca en Muros unha goleta de 1920 de Vanuatu

Atraca en Muros unha goleta de 1920 de Vanuatu

Serviu na segunda Guerra Mundial e mesmo foi utilizada como dragaminas

G24.gal 03/10/2025 14:53

Atracou en Muros unha gran goleta de tres mastros construída en 1920. Chegou logo de facer parada en Francia e atracou no porto muradán para coñecer un pouco da cultura galega. A súa tripulación forma parte dun proxecto sen ánimo de lucro que busca coñecer o mundo do mar. É a Alvei, viaxa desde hai meses por todo o mundo e, procedente de Francia, a súa última escala foi Galicia.

Julia Hallin, tripulante, conta que "cando chegaron a Galicia estaba nubrado e ao despexarse viron as montañas e as cores e que lles pareceu incrible". Tamén di que "forman parte dun proxecto que quere promocionar a aprendizaxe do mundo do mar e as conexións coa xente local".

A tripulación está formada por 13 persoas de nacionalidades diferentes. Embarcáronse nun proxecto sen ánimo de lucro que busca coñecer o mundo do mar sucando diferentes océanos.

Desde que está atracada en Muros os seus 26 metros de eslora e seis de manga non pasan desapercibidos entre curiosos, veciños e tamén mariñeiros.

A historia do Alvei, con bandeira de Vanuatu, en Oceanía, pasa por servir na guerra, por diferentes donos e restauracións e mesmo por ser utilizado como dragaminas. O luns navegará rumbo a Portugal. Deixa en Muros outra historia, a dunha lenda da navegación que elixiu o seu porto para coñecer Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade