Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha galega é candidata ao premio a mellor enfermeira do ano

Unha galega é candidata ao premio a mellor enfermeira do ano

O galardón concédeo o Consello Xeral de Enfermería e supón un recoñecemento moi relevante tras 29 anos de servizo no Complexo Hospitalario de Santiago

G24.gal 22/09/2023 13:01

Carmen Neiro, enfemeira de Cardioloxía de CHUS, ten ás costas 29 anos de servizo. Comezou en unidades de críticos e desde o ano 2000 está adscrita ao servizo de cardioloxía, onde é supervisora de coidados coronarios e de consultas externas.

É candidata á mellor enfermeira do ano, o recoñecemento que outorga o Consello Xeral de Enfermería. E éo pola categoría "asistencial", aínda que tamén fai labores de supervisión, investigación e docencia. 

 "É un gran recoñecemento á miña traxectoria, pero tamén para a xente que nun principio creu en min. E eu mirei para outras profesionais, supervisoras, enfermeiras..." , manifestou Carmen Neiro, candidata ao premio do Consello Xeral de Enfermería, que se outorga a finais de outubro.

Aproveita a oportunidade do nomeamento para pedir que se recoñezan máis especialidades nun campo -o da enfermería- que abrangue coidados e unha gran preparación clínica.

O máis satisfactorio, di, é a gratitude dos pacientes aos que atenden a pé de cama, as 24 horas do día. E tamén a solidariedade entre compañeiras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade