Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha galega da Coruña, entre as mellores ceramistas do mundo

Unha galega da Coruña, entre as mellores ceramistas do mundo

Acaba de facerse co premio á Innovación nuns prestixiosos premios celebrados en Jingdezhen, berce da porcelana chinesa

Verónica Moar foi a única española finalista entre 1.300 traballos procedentes de 55 países diferentes 

G24.gal 10/11/2025 14:10

Chámase Verónica Moar, é galega e acaba de gañar o premio á innovación nuns galardóns que condecoran os mellores ceramistas do mundo. Celébranse na China, na cidade milenaria berce da cerámica deste país.

Acabada de chegar recibiunos no seu obradoiro da Agra do Orzán, na Coruña. Fálanos entre barro, cerámica e a omnipresente cor branca e beixe que domina as súas pezas. Fálanos aínda, case desde a incredulidade de primeiro ser finalista, a única española e, xa na China, de recibir o premio. Conta que "había tanto nivel que levou unha sorpresa enorme ao escoitar o seu nome"- E o seu nome foi elixido entre 1.300 propostas de ata 55 países diferentes. Aquí, en Yindechén, o berce da porcelana chinesa premiouse o seu traballo pero tamén o dun colectivo. Chegou con 'O que queda', esta peza, un diálogo entre a ciencia e a cerámica.

Di Verónica que é "o que queda de nós e que está presente en todas partes". O presente deste premio vén cunha dotación económica e cunha residencia artística de seis meses na cidade milenaria.

Á espera de saber se poderá gozar dela na súa totalidade, o presente de Verónica, polo momento, volve ás encargas, ao barro e a este obradoiro da Coruña onde a cerámica adquire forma. A dunha familia que nace aquí e que voa. Como a peza premiada, non sabe se volverá, é probable que quede na China. Asegura Verónica que "por se as moscas, despediuse da peza " Di que "en certo modo xa está acostumada porque é, di, ao campartilas cando as pezas cobran vida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos