Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tecido empresarial galego transfórmase desde a innovación e a intelixencia artificial

O tecido empresarial galego transfórmase desde a innovación e a intelixencia artificial

Máis de 400 profesionais déronse cita no I Gran Foro de Innovación e Emprendemento en Santiago organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD)

Os directivos apostan pola transformación empresarial para "non morrer"

Catrocentos profesionais asistiron ao Foro de Innovación da APD
G24.gal 21/10/2025 14:20

A innovación e o emprendemento déronse a man esta martes en Santiago no I Gran Foro organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Un encontro empresarial que reuniu máis de 400 asistentes no Palacio de Congresos de Exposicións de Galicia.

O evento busca impulsar a transformación do tecido empresarial galego, promovendo a cooperación entre startups, grandes empresas e administracións, ofrecendo unha plataforma para visibilizar proxectos innovadores con impacto real.

Os seus directivos cren que neste momento non hai alternativa: "ou renovarse ou morrer", di a Directora de Competividade de Agromab Prodalt.  A intelixencia artificial e a innovación toman os despachos dos directivos.

Pero algúns xa avisan que para ter éxito é fundamental "apoderar as persoas". Do contrario, advirte Yago Campos, o director de Innovación de Hijos de Rivera, "no pode fluír". 

Crear unha empresa é un proceso longo, laborioso e complexo, pero hai casos nos que a idea nace onde un menos o espera. É o caso de Aldealista, unha app que conecta persoas cos pobos. O seu socio fundador, Juan Carlos Pérez, plasmou unha petición da súa avoa de 102 anos, que pouco antes de morrer pediulle que fixera algo "polas súas orixes". E Juan Carlos puxo en marcha desde San Xoán do Río, un proxecto que agora xa está presente en 52 países para facilitar a integración de novos residentes en comunidades rurais, brindando oportunidades para vivir, traballar e prosperar.

Din os executivos, que a clave para poder saír adiante é "rodearse ben". E isto é o que fixo Marcos González, o xerente de Arraigo. Constrúen casas de madeira, apadriñados por Finsa. González chama ás grandes empresas a apoiar aos emprendedores. Para os novos emprendedores, os directivos consolidados dan un consello nada gratuíto: "Nunca ter medo ao fracaso". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade