Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha forte tromba de auga descarga sobre Ourense este mediodía

Unha forte tromba de auga descarga sobre Ourense este mediodía

A xornada de reflexión, marcada pola forte treboada na cidade de Ourense

Tromba de auga en Ourense este sábado
G24.gal 27/05/2023 14:18 Última actualización 27/05/2023 15:34

Unha gran tromba de auga descargou este mediodía na cidade de Ourense. As choivas, moi intensas, baleiraron o centro da cidade de peóns, que corrían a refuxiarse aos portais ou as casas.

A intensidade das precipitacións foi acompañada por aparello eléctrico. Estas choivas que nos deixa o sábado na capital ourensá estaban previstas polos servizos meteorolóxicos, e xa se avisara este venres desde Meteogalicia dunha alerta amarela por "fortes choivas e tormentas".

Os bombeiros tiveron que efectuar distintas saídas no centro urbano para achicar a auga acumulada.

As previsións indican que é probable que o domingo se repitan estas treboadas con aparello eléctrico, o que podería afectar á participación nas urnas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar