Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha forte treboada provoca unha apagada e inundacións en Santiago

Unha forte treboada provoca unha apagada e inundacións en Santiago

Máis dun milleiro de fogares quedaron sen subministración eléctrica tras o impacto dun raio

G24.gal 29/01/2026 19:25

Unha forte tormenta eléctrica provocou este xoves unha apagada que afectou a máis dun milleiro de fogares en Santiago de Compostela.

A compañía Naturgy informou de que 1.032 fogares da zona norte quedaron sen subministración eléctrica.

A incidencia produciuse tras o impacto dun raio, acompañado de relampos e dunha intensa sarabiada.

A tormenta rexistrouse pouco antes das 17.30 horas.

No barrio de Sar, a auga anegou unha rotonda e obrigou os condutores a organizarárense para avanzar con precaución e evitar un colapso do tráfico.

Situacións semellantes déronse en San Caetano e San Clemente, zonas habituais de acumulación de auga cando as precipitacións aumentan en intensidade.

Confusión na zona histórica durante unha rodaxe

Na zona monumental, onde se está gravando a serie Lobo, protagonizada por Luís Tosar e Tristán Ulloa, viviuse unha situación de confusión.

Varias persoas non sabían se a despregadura das forzas de seguridade formaba parte da rodaxe ou respondía a unha emerxencia real.

Paraugas rotos depositados en colectores desprazados polo vento foron unha das imaxes máis repetidas da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade