Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia celebra esta fin de semana as festas do Carme e multitude de festivais

Galicia celebra esta fin de semana as festas do Carme e multitude de festivais

Toda a Galicia costeira celebra este sábado as procesións marítimas das festas do Carme, pero tamén se enche de grandes festivais

G24.gal 15/07/2022 18:16 Última actualización 15/07/2022 18:56

Hai tantas festas esta fin de semana que é dificil escoller.

Pero empecemos polas máis tradicionais: as procesións do Carme, que se van suceder este sábado por todo o litoral.

Barcos engalanados no mar e verbenas en terra. 

Pero ademais vai ser unhas das fins de semana máis festivaleiras do ano.

O de Ortigueira, o festival máis mulititudinario e lonxevo, contará entre outras coas actuacións de Susana Seivane hoxe e Wolfstone mañá.

En Vilagarcía, o Atlantic Fest presenta un cartel ben atractivo. Músicos como Andrés Calamaro, Fangoria ou Los Planetas pasarán polo escenario da praia da Cuncha.

E tamén nas Rías Baixas, o Vive Nigrán conta como reclamo cunha estrela do momento, Rigoberta Bandini, e cunha lenda do rock, Miguel Ríos.

 Das festas clásicas e veteranas non podemos pasar por alto a Feira Medieval en Noia e as carrilanas de Esteiro.

E para os amantes da escena arranca este venres o Festival Internacional de Teatro de Ribadavia.  Tamén temos citas gastronómicas, como a Festa da Pescada do Pincho en Celeiro e a Festa da Vieira en Cambados. 

Na Coruña, 25.000 persoas van poder gozar cada día do Morriña Fest que se celebra este venres e sábado en Riazor con convidados tan famoso como Maluma, Black Eyes Peas, Ozuna ou Xoel López.

En Negreira arranca tamén este venres o Nicra Rock. Ás dez da noite abre o festival Tálesien, unha das bandas de heavy metal máis importantes de España. Tamén estará Bala, un dúo galego con repercusión internacional e os vangardistas Arrythmia. A entrada é de balde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade