Cargando resultados...
Xinzo recrea a festa das vestais, unha das celebracións máis populares da antiga Roma
É a segunda edición dunha celebración que quere ser o prólogo da Festa do Esquecemento, que este ano fai o 25 aniversario
G24.gal
31/05/2025 21:32
Xinzo acolleu este sábado a II Concentración Nacional de Vestais, coa participación de representantes da vila ourensá e outras procedentes de Mérida e de Astorga.
A festa empezou cun desfile das vestais ata a Praza Maior que se converteu nun templo vivo. A través das representacións teatrais explicouse a importancia das sacerdotisas na antiga Roma e houbo espectáculos de danzas e ofrendas simbólicas.
As vestalias forman parte da programación previa á Festa do Esquecemento que este agosto fai 25 anos.