Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen atraccións nas festas de San Sebastián, na parroquia viguesa de Coruxo

Sen atraccións nas festas de San Sebastián, na parroquia viguesa de Coruxo

O Concello de Vigo endureceu as medidas de seguridade logo do accidente mortal do Saltamontes, en Matamá

As comisións organizadoras din que a falta de ingresos dos feirantes pon en risco a celebración de moitas das festas do verán

G24.gal 30/05/2025 15:00

Nas festas de San Sebastián, que comezan este venres na parroquia viguesa de Coruxo, non haberá atraccións. O Concello endureceu as medidas de seguridade despois do accidente mortal no Saltamontes en Matamá e moitos non cumpren eses novos requisitos. As comisións organizadoras xa advirten que se non van os feirantes moitas das festas do verán desaparecerán.

O torreiro da festa de San Sebastián presenta unha imaxe ben diferente á doutros anos. Viñan ata 10 atraccións, pero agora so dúas cumpren os novos requisitos do Concello de Vigo. O posto de tiro ou de rosquillas estarán, pero o resto dos feirantes non conseguiron o permiso para súa instalación. 

No bar da festa xa temen que non será un bo ano. Cren que haberá menos afluencia e moitos menos ingresos.

Malestar entre os feirantes e os veciños de Coruxo, malia que algúns non teñen dúbidas: ten que primar a seguridade.

En Vigo hai outras festas que están en risco porque o que recadan dos feirantes pode chegar ao 80 por cento dos seus ingresos. 

Son consecuencias do accidente mortal do mes de agosto no Saltamontes, en Matamá, no que faleceu unha persoa e dúas quedaron feridas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade