Gastroarte, a feira do San Froilán que une arte e gastronomía
Os artesáns ofrecen produtos senlleiros durante a festa grande de Lugo
A rúa Puro Cora, a carón do recinto feiral, acolle ata o 15 de outubro Gastroarte, unha feira na que a artesanía e a gastronomía comparten un espazo esencial no San Froilán.
Entre os artesáns hai algúns que levan participando nesta feira moitos anos. Considérana un punto de venda esencial. A carón da artesanía tradicional, ten o seu espazo outra menos coñecida, a dos pigmentos naturais.
Tamén por vez primeira, ofrécese nesta feira artesanal a impresión en 3D. Os autores destas pequenas alfaias teñen moitas expectativas postas neste mercado.
Na parte da gastronomía hai xeados, embutidos, licores ou queixos. Un dos postos deféndeo un francés que leva nove anos ofrecendo o seu produto no San Froilán.
Gastroarte axuda a que o San Froilán manteña o seu carácter, tamén, de feira tradicional.