Unha exposición contribúe ao micromecenado de "Minerais contra o cancro"
O gasto da investigación rolda os 100.000 euros
Prosegue a campaña de micromecenado coa que un equipo multicisciplinar da Facultade de Veterinaria da USC e do hospital Lucus Augusti (HULA) está recadando fondos para levar a cabo unha investigación sobre os efectos que algúns minerais poderían ter nun organismo con cancro.
Para xuntar os cartos fixeron actividades diversas, entre elas unha exposición con obras cedidas. O Vello Cárcere de Lugo acolle a mostra na que participan 21 artistas.
A coordinadora do equipo é Marta López, unha profesora de Veterinaria que promoveu diversas accións coas que conseguiu xuntar fondos e implicación social.
A campaña de micromecenado, "Minerais contra o cancro", continúa aberta e para facer a investigación completa necesitan xuntar uns 100.000 euros.