Unha estatística experimental do INE revela que os estranxeiros que máis visitan Galicia son portugueses
Unha estatística experimental do INE revela que os estranxeiros que máis visitan Galicia son portugueses
Este novo sistema de medición do INE analiza os sinais dos teléfonos móbiles
Xa podemos saber de onde veñen os turistas estranxeiros que nos visitan polos seus teléfonos móbiles. Así traballa unha estatística experimental do Instituto Nacional de Estatística.
O INE analiza os sinais dos teléfonos móbiles que captan as antenas en cada localidade para determinar a procedencia dos turistas estranxeiros, e de aí saen os datos desta estatística experimental.
O informe de xullo recolle que visitaron Galicia preto de 205 mil turistas, e deles, máis de 63.000 procedían de Portugal. Os nosos veciños veñen sobre todo ás vilas máis turísticas do sur de Pontevedra, como Baiona, onde os portugueses supoñen a metade do turismo estranxeiro.
Os seguintes que máis visitan Galicia, con bastante diferenza, son os franceses, que foron preto de 32.000 en xullo, seguidos polos neerlandeses, alemáns e suízos.
A enquisa tamén revela que Vigo volve ser o concello que máis turistas estranxeiros recibe.