Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa radicada no Porriño crea o primeiro axente de voz con intelixencia artificial que fala en galego

Unha empresa radicada no Porriño crea o primeiro axente de voz con intelixencia artificial que fala en galego

Vidiv, do grupo Visual MS, interactúa totalmente en galego, e recoñece os matices lingüísticos propios de cada zona do país

Está pensada para empresas que desexan dar atención personalizada a clientes galegofalantes

G24.gal 08/02/2026 21:03

Unha empresa do Porriño acaba de crear o primeiro asistente de voz de intelixencia artificial en galego. Unha ferramenta destinada sobre todo a compañías e entidades que queiran relacionarse cos seus clientes galegofalantes no seu propio idioma.

"Que nós detectaramos, no eido empresarial unha ferramenta usable, en galego, vía voz, con intelixencia artificial, non atopamos nada ata agora. O noso axente é o primeiro", sinala Jorge Fernández Evers, responsable de márketing da empresa Vidiv, do grupo Visual MS.

Creado con voces artificiais, é quen de detectar e empregar os distintos matices que a lingua ten en cada zona do país.

"Por exemplo no Chat GPT, moitas das palabras con gheada ou seseo non é capaz de entendelas, ou saber a que se refire dependendo da zona da persoa coa que fale. Nós esa cuestión témola resolta, para que a IA entenda as distintas fonéticas en función do territorio", comenta Jorge. 

Está pensado para entidades con servizo de atención telefónica, academias de ensino en liña ou compañías que o precisan para a formación do persoal. Sempre como complemento da voz dun humano real.

"Intentamos que, sempre que sexa posible, se empregue a IA non para substituír persoas, senón para acompañalas", asegura Fernández Evers, un dos creadores do asistente de voz Vidiv.

Unha vintena de empresas xa se interesou polo produto. Un xeito máis de que a lingua galega estea máis presente na vida cotiá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade