Unha empresa aluga parcelas para elaborar viños singulares na Ribeira Sacra
Ofrécese tamén para elaborar os caldos e traballar a parcela
Entre outros obxectivos, busca asentar poboación e dignificar a profesión de viticultor
Roberto encárgase de preparar esta parcela para facer viños singulares seguindo o desexo dun particular que non é o dono do terreo, pero quere dispor de caldos da zona. Para isto puxo en marcha a súa propia empresa, que lle aluga o viñedo e se ocupa de todo o proceso.
É como apadriñar un viñedo ou embotellar unha paisaxe, a da Ribeira Sacra. Pero o proxecto busca tamén dignificar a profesión de viticultor e contrarrestar o abandono do medio.
Tódolos viños teñen o seu carácter determinado polo entorno e os coidados que lles proporcionan, nunha clara aposta por unha mínima intervención e a biodiversidade.