Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Unha doce homenaxe ás Tanxugueiras transformada en ovo de Pascua
Sortéase o vindeiro 15 de abril na Coruña
            
                            G24.gal
                        
                            06/04/2022 21:23
                        
                        
                        
                        
                    
                    Se queren facer un agasallo especial a un afillado ou afillada pola Pascua seguro que este ovo de chocolate ben lles vale. O furor das Tanxugueiras chegou tamén á repostería.
Os responsables desta confeitería da Coruña pensaron que sería unha bonita homenaxe ás pandeireteiras, e aí está o resultado: un ovo de tres quilos de chocolate belga ao que, dende a maquillaxe ata as ferreñas, non lle falta detalle.
Vano sortear o vindeiro 15 de abril.