Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha casa do Ceao, en Lugo, inúndase cada vez que chove

Unha casa do Ceao, en Lugo, inúndase cada vez que chove

A vivenda anegouse catro veces nas últimas semanas, cos conseguintes danos e gastos

Denuncian que os sumidoiros quedan tupidos ao non estar asfaltada a rúa

Félix Aragunde 03/11/2022 14:01

Unha casa do Camiño do Tronzo, no barrio lugués do Ceao, inúndase cada vez que chove moito debido a que se tupen as canalizacións das augas pluviais. Como consecuencia, nas últimas semanas a vivenda anegouse ata en catro ocasións e os mobles quedaron estragados.

"Desde que terminou o verán, xa se me inundou a casa catro veces. Podrecen os mobles e non é unha situación boa para a saúde, porque me está estragando as miñas cousas", di Maricarmen, dona da casa.

A vivenda afectada encóntrase no Camiño do Tronzo, no Ceao A vivenda afectada encóntrase no Camiño do Tronzo, no Ceao

Cada vez que se asolagou a vivenda, a veciña afectada tivo que contratar unha empresa para desatrancar o sumidoiro, cun custo total de 400 euros. Pide, por tanto, unha solución definitiva para o problema, que pasa pola renovación das canalizacións.

"Isto xa é insoportable, con todo mollado na casa. Suponme un esforzo tanto psicolóxico, porque non sabes como vai estar todo, como físico. O único que pedimos é que miren por nós, que somos Lugo tamén", esixe Maricarmen.

Segundo sinalan os afectados, de seren concedidos os permisos, o problema podería estar solucionado en cuestión de horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade