Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a andar unha campaña que promove a conservación do oso e a caza responsable

Bota a andar unha campaña que promove a conservación do oso e a caza responsable

A Fundación Oso Pardo e a Federación Galega de Caza defenden a conservación da biodiversidade e a caza segura

Na Cornixa Cantábrica calcúlase que haxa unha comunidade de preto de 400 exemplares

G24.gal 22/02/2025 13:58 Última actualización 22/02/2025 14:31

A presencia do oso é cada vez máis común nas serras orientais galegas. Compatibilizalo coa caza é o obxectivo dunha campaña lanzada recentemente pola Fundación Oso Pardo e a Federación Galega de Caza.

As incidencias son moi poucas, pero en todo caso convén tomar precaucións básicas como non disparar cando non se percibe claramente a peza ou estar alerta cando se visualizan pegadas que demostran que pola zona hai un oso.

En Galicia, detectouse a presenza de exemplares nas montañas do Courel e os Ancares e na parte oriental de Ourense. Calcúlase que na Cornixa Cantábrica viven arredor de 400 osos.

A campaña, promovida pola ONG e o colectivo cinexético, avoga pola conservación do plantígrado e por garantir unha caza responsable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade