Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia unha campaña de control de furgonetas coincidindo cunha das semanas de máis actividade comercial

A DXT inicia unha campaña de control de furgonetas coincidindo cunha das semanas de máis actividade comercial

Desenvolverase ata o próximo domingo, 30 de novembro 

Na última campaña realizada nestas datas controláronse 17.492 vehículos e interpuxéronse 1.606 denuncias en Galicia, sobre todo por excesos de velocidade

O ano pasado faleceron en Galicia 7 persoas en accidentes de tráfico protagonizados por furgonetas

G24.gal 23/11/2025 10:41

Desde este luns a Dirección Xeral de Tráfico desenvolverá unha campaña especial de control e vixilancia de furgonetas que coincide cunha das semanas de maior actividade comercial do ano. Ata o vindeiro domingo 30 de novembro a Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificará as inspeccións sobre os vehículos (autorizacións e documentos, condicións técnicas e elementos de seguridade, etc.) e sobre os condutores (permiso de condución e alcol).
 
A celebración do Black Friday e a proximidade do Nadal fan que nestas datas se incrementen substancialmente os envíos diarios de mercadorías en España e, a inmensa maioría realízanse neste tipo de vehículos. A campaña establecerá puntos de control en todo tipo de estradas, especialmente en vías convencionais, así como en zonas próximas a polígonos industriais, zonas de carga e descarga, centros comerciais, etc.
 
A DXT advirte que a condución dunha furgoneta non é igual que a dun turismo, sobre todo se vai cargada. Salientan, ademais, que este tipo de vehículos ten un equipamento menor de seguridade activa e pasiva. Con todo, a sensación de seguridade que experimenta o condutor, a menor velocidade e a elevación da cabina fai que o número de distraccións sexa maior e o uso de cinto de seguridade menor.
 
De feito, en Galicia aumentaron en 2024 tanto o número de sinistros de tráfico con vítimas nos que estiveron implicadas as furgonetas como o de persoas falecidas neles. En total, foron 7 as persoas que faleceron nestes vehículos, unha cifra superior á do ano anterior.

Datos da última campaña análoga

Na última campaña similar que se realizou por estas datas en Galicia controláronse 17.492 vehículos e interpuxéronse 1.606 denuncias. Entre as infraccións principais destacaron o exceso de velocidade (661 denuncias), non ter pasada a ITV. (251 denuncias) e circular con pneumáticos en mal estado (112 denuncias). Tamén 96 condutores foron sancionados por consumo de alcol e drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade