Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid pode co Atleti (2-1) e xogará a final da Supercopa ante o Barça

O Real Madrid pode co Atleti (2-1) e xogará a final da Supercopa ante o Barça

Valverde e Rodrygo anotaron os goles brancos e Sorloth marcou o tanto do equipo colchoeiro

Rugiger e Asencio remataron mancados no cadro de Xabi Alonso

@realmadrid @realmadrid
G24.gal 08/01/2026 20:40

O Real Madrid xogará a gran final da Supercopa de España despois de impoñerse ó Atlético (2-1) nun derbi madrileño onde os de Xabi Alonso souberon manter un marcador que se lles puxo en vantaxe desde o inicio do partido. O Fútbol Club Barcelona espera na gran final do domingo.

O Real Madrid xa golpeou no primeiro minuto de partido. Fede Valverde conectou un espectacular lanzamento de falta desde 35 metros que entrou coma un obús na meta de Oblak. A partir de aí, o equipo de Xabi Alonso decidiu defender en bloque baixo para buscar ás contras para facerlle dano o Atleti. Os de Simeone tiñan moita posesión pero poucas ideas e soamente estiveron preto do empate cun remate de cabeza de Sorloth que non atopou portería.

Na segunda metade non cambiou o guión do partido. O que trocou foi o acerto dos brancos que acadaron o segundo gol tras un contraataque culminado por Rodrygo. Pero reaccionaría o equipo de Simeone que case acto seguido reducía diferenzas por medio do noruegués Sorloth que esta vez si que atinou coa súa cacholada.

O Real Madrid pasaba os seus peores momentos no partido e os problemas incrementaban tras as lesións dos seus dous centrais á vez: Rudiger e Asencio. Mendy e Fran García entraban para completar unha zaga de circunstancias. Pero souberon sufrir os de Xabi Alonso que aguantaron as acometidas dun Atleti que adoeceu de claridade necesaria na área contraria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade