Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha boa comunicación estratéxica pode mellorar a rendibilidade das empresas

Unha boa comunicación estratéxica pode mellorar a rendibilidade das empresas

 Os expertos din que axuda a alcanzar obxectivos e que as fai máis competitivas

Máis de douscentos directivos e empresarios acudiron ao primeiro Foro de Comunicación Estratéxica en Vigo 

G24.gal 30/01/2024 13:42

Facer unha boa xestión da comunicación e da reputación pode ter o seu impacto nas contas de resultados das empresas. Conscientes do valor engadido que achega, o mundo empresarial aposta cada vez máis por incorporar a comunicación estratéxica aos seus negocios. 

O segredo, din os expertos, é pensar nas persoas, desde os empregados aos clientes e ás relacións coa contorna. Unha estratexia de comunicación é clave para conseguir obxectivos. 

En Vigo empresarios e expertos en comunicación debateron sobre as claves desta ferramenta no primeiro foro de comunicación estratéxica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade