Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un edificio das Pontes leva 15 días sen calefacción e sen auga quente por unha avaría na caldeira
Denuncian incontables problemas no inmoble en que viven desde hai xa unha década
                            G24.gal
                        
                            01/02/2023 14:20
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un auténtico pesadelo é o que están a vivir os veciños dun inmoble das Pontes. Por mor dunha avaría na caldeira levan sen auga quente e sen calefacción desde hai quince días.
Pero o caso é que denuncian que veñen sufrindo unha morea de problemas desde que comezaron a vivir nese edificio hai xa unha década.
Contan que cada vez que chega a chuvia intensa, o soto e mais o garaxe se anegan e que teñen que estar sempre moi vixiantes para sacar os coches a tempo e estacionalos na rúa.
En resumo, explican que a deterioración do inmoble medra día a día a pasos axigantados, polo que esixen solucións urxentes.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
        .png) 
    
         
            
         
            
                 
            
        