Unha app permite ofertar prazas de garaxe en alugueiro por horas, días ou meses
Creouna un mozo de Pontevedra, polas dificultades para atopar un aparcadoiro na zona onde vive
O dono da praza escolle a dispoñibilidade e o prezo
A aplicación funciona como as webs de alugueiro de vivendas turísticas, semellantes a Airbnb
Atopar praza para aparcar no centro das cidades é unha misión, ás veces, imposible. Coa intención de ofrecer uha alternativa, un mozo de Pontevedra creou unha aplicación que funciona como un Arbnb para os coches. Os propietarios poden ofertar a súa praza de garaxe en alugueiro por horas, días ou meses.
Entre os estacionamentos disuasorios públicos e os aparcadoiros privados, Pontevedra conta con 6.000 prazas para deixar o coche. Aínda así, hai zonas tensionadas en que é moi complicado atopar un sitio axiña e ben situado. Un problema ao que Alejandro se enfronta a diario.
"Ti ves un día as sete ou oito da tarde e xa podes ter o depósito cheo de combustible apra dar voltas por toda Pontevedra", sinala Alejandro Gil Coello, mozo residente no barrio da Parda que acab de crear unha app para ofertar prazas de garaxe en alugueiro.
Buscando unha solución creou unha aplicación a través da cal os propietarios de prazas de garaxe poidan alugalas durante o tempo que non a utilizan.
"Seguro que hai algunha persoa que me aluga a súa rpaza por unhas hroas, días ou semanas mentres vai traballar. ë un xeito taménd de sacaarlle un proveito a unha praza que queda baleira", comenta Alejandro, creador de ComPlaza.es
O propietario pon o prezo e a dispoñibilidade. O sistema funciona coma as webs de alugueiro de vivendas turísticas.
"Deixar o candado a carón da porta, cun código que o inquilino pode desbloquear unha vez faga o pagamento a través da aplicación", indica Alejandro.
Unha alternativa aos sufridos condutores, cada un coas súas necesidades. Por agora só hai catro prazas na aplicación. O promotor conta con ampliar a oferta a zonas de grande afluencia turística.